CORRECCIÓN DE NATURAIS 5º

SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS DE NATURAIS 5º PRIMARIA.

PÁX 91

1 As fotografías A, B e C forman parte do medio ambiente do coello: os arbustos entre os que vive, o raposo que o caza e o tobo en que se acubilla.

2R.L.
 

PÁX 93

1Consiste na desaparición dos bosques. Pode ser debida á corta de árbores, aos incendios forestais ou á morte das árbores pola contaminación. Coas árbores desaparecen tamén os animais e outros seres vivos que dependen delas. Como consecuencia da deforestación prodúcese a desertificación. O solo pérdese facilmente ao non ter a protección das plantas e, pasado o tempo, a zona transfórmase nun deserto. 

2A contaminación do aire consiste na acumulación de gases contaminantes que proceden dos automóbiles, das calefaccións e tamén dalgunhas industrias. 

3R. M. A. É un incendio orixinado por unha cabicha ou por unha botella baleira que actuou como lupa. B. É unha vertedura de substancias contaminantes á auga do mar. Poden proceder dunha industria.

4 Si, é posible. Un exemplo é o caso dos blanquizais de Canarias. A pesca excesiva e a contaminación reduciron as poboacións dos peixes que se alimentan do ourizo diadema. Libres dos seus depredadores, os ourizos multiplicáronse e comeron as algas que cubrían as rochas; esta vexetación desapareceu. Outro exemplo: se nun bosque diminúe moito o número de raposos, aumenta o de coellos, que son as súas presas. Os coellos aliméntanse de plantas, que debido á presión dos coellos se verán decimadas. 

PÁX 95

1 Educación cívica. R. M. Autoridades: restrinxir o uso do vehículo particular no centro das cidades; abaratar o transporte público. Cidadáns: compartir o automóbil; usar o transporte público; camiñar e usar a bicicleta en percorridos curtos.

2 Toma a iniciativa. R. M. Apagar a pantalla do ordenador cando non se está usando; desenchufar os aparellos eléctricos, como televisións, ordenadores e lectores de DVD, cando non se usan; apagar as luces dos cuartos ao saír...

3 Entre outras: acampar sen a correspondente autorización expresa do Parque Nacional, prender lume, molestar os animais, danar a vexetación, acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles, practicar a pesca...

PÁX 97

1 Resumo. terrestres ... terra ... mariños ... doce/ ... ecosistema ... naturais ... modificar ... alterado / ... lixos / ... bosques ... desertización ... plantas / ... extinción / ... medio natural ...reducir ... enerxía ... auga ... natureza / ... protexidos. 

2Esquema. terrestres ... auga doce .... lagoas .... negativos ... respecto. 

3R. M. (causas) Contaminación do aire: gases contaminantes e cinzas. / Contaminación da auga: deterxentes e outros produtos químicos / Contaminación da terra: lixos urbanos e residuos industriais. Deforestación e desertificación: Corta indiscriminada de árbores, explotación madeireira indebida, incencios forestais. / Extinción de especies: captura excesiva, contaminación, explotación ou destrución do seu ecosistema.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade física