CORRECCIÓN EJERCICIOS SOCIALES

Ola alumnos e alumnas de 5º:

Correción de exercicios de sociais.

1)         Páx 96.

Natalidade: é o número de nacementos que se produciron nun lugar concreto.

Esperanza de vida: é o número de anos que se cre que poderá vivir unha persoa cando nace.

Densidade de poboación: é  igual o número de habitantes entre quilómetro cadrado.

Poboación absoluta: é a cantidade de persoas que viven nun ano nun lugar concreto. Están censados, en España a poboación absoluta está ao redor de 47 millóns de persoas.

2)         Páx 96.

Saldo natural= nacementos- defuncións

Densidade poboación= nº de habitantes/ km cadrados de superficie.
5) Páx 96.
O éxodo rural é a emigración da poboación do campo a cidade. As consecuencias do éxodo rural son despoboamento de extensas zonas rurais e que a poboación sexa eminentemente urbana.
6) Pàx 96.
Gráfico.
Desde o ano 2008, co inicio da crise económica, o número de inmigrantes descendeu e o de emigrantes aumentou.
PÁX 98. Comproba o que sabes.
1.  Unha vertente é  o conxunto de terras con ríos que desembocan nun mesmo mar.
2.  Se calculamos a cantidade de persoas que vive nun km cadrado obteremos a densidade de poboación.
3.  A paisaxe que predomina nas illas canarias son paisaxes turísticas.
4.  A unión europea está formado por  28 países.  Agora por 27.
5.  Os cidadáns da UE están representados no parlamento europeo.
6.  Na maioría das provincias españolas a poboación concentrase nas ciudades.
7.  Os representantes dos españois son os deputados e os senadores.
8.  O territorio de España está organizado por 17CCAA e 2 cidades (Ceuta e Melilla).
9.  A emigración do campo a cidade coñecese como éxodo rural.
10.  A diferenza entre o nº de inmigrantes e de emigrantes nun lugar denomínase saldo migratorio.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Actividade física